Activar no arranque o menú de elección de modo a proba de fallos (safe mode), en Windows 8 e posteriores

Windows 8 arranca tan rápido que é imposible usa-la tecla F8 para entrar no Menu de Arranque, e de seguido escoller entrar no Modo Seguro de Windows.

f8-win

Tras instalar nun equipo con Windows 8 o programa WinImage, para instalar unha imaxe de arranque da instalación do sistema dun miniportátil Airis Kira N7000 nunha tarxeta de memoria SD, resultou danado o sistema operativo e entrou nun bucle no que tentaba recupera-lo sistema unha e outra vez e non podía iniciar sesión nel.

A miña primeira opción foi tentar acceder ó modo a proba de fallos de Windows, pero tal e como comentei ó principio, isto agora xa non é posible pulsando F8, así que logo de buscar solucións por Internet a que mellor me parecía consistía en executa-lo comando bcdedit, dende unha consola con privilexios de administrador/a, para configurar máis opcións do arranque do sistema.

Aí vos van un par de enlaces de axuda:

Para acceder á consola de comandos tiña que facelo a través das opcións da pantalla de recuperación de Windows 8.1 (tras falla-lo intento de recuperación automática, elíxese Solucionar problemas -> Opcións avanzadas -> Símbolo do sistema). Sen embargo dende esta consola non recoñecía o comando bcdedit (non sei se porque non era unha consola de administración, ou por non localiza-la ruta á orde,…). Así que probei a borrar “a machete” o directorio co programa WinImage que causou o problema, e reinicia-lo equipo… e houbo sorte, porque por fin foi capaz de repara-lo arranque e iniciar sesión.

configurar-el-arranque-msconfig-windows-10Iso si, para que no futuro teña a opción de poder acceder directamente ó modo a proba de fallos, configurei o arranque do sistema para que apareza a opción durante un par de segundos ó acende-lo ordenador; fíxeno coa aplicación msconfig, simplemente marcando o cadro de Información de arranque do SO, poñendo un tempo de espera de 3 segundos e marcando o cadro de Convertir en permanente toda a configuración de arranque.

Podedes ver algunha explicación máis pormenorizada sobre como configura-lo arranque en:

 

Advertisements

One comment

  1. Hollie

    AhHa!haahahahha!!!!aarry sei troppo adorabile!!!Sn su skipe! Mi potete dire il vostro nome?!? VvtttttttbPs sissi emy gio kia ali manu camy Ale vvtttttttttttttbBaci a tt

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s